Monday 29 de April de 2024

Formalizado o contrato de execución do proxecto de mellora viaria en catro parroquias


Está valorado en 200.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

O contrato da obra de mellora viaria nas parroquias de Cabovilaño, Coiro, Golmar e Vilaño foi formalizado hoxe polo alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa adxudicataria, Construcciones Ponciano Nieto S.L.

A actuación está valorada en 200.000 euros e será financiada integramente con fondos propios municipais.

O proxecto contempla actuacións en preto de 8.500 metros de estradas. En Cabovilaño mellorarase a vía entre O Castro e A Lagarteira (incluíndo a prolongación da rede de recollida de pluviais) e tamén no núcleo da Casanova.

Na parroquia de Coiro están previstas actuacións en tres puntos diferentes: a estrada que comunica A Ferrulleira coa DP-1913 e as dos núcleos da Fontefría e Fornos.

En Vilaño será renovado o pavimento da vía que vai de Vista Alegre a Samiro, e tamén a estrada que leva ata A Piña desde O Ramallal, correspondendo este último núcleo á parroquia de Golmar.

Unha vez completada a tramitación administrativa coa formalización do contrato, a execución dos traballos comezará nos próximos días.